Esta será a quinta edición deste evento deportivo e solidario que se desenvolve na parroquia de Vilaño, ao lado do nucleo larachés, o sábado 16 de xullo. Na edición anterior foron preto de 1000 os participantes, cifra que agardan seguir aumentando para consolidar aínda máis esta proba como un referente deportivo no propio concello e na Costa da Morte.
O evento desenvolverase de forma moi similar á edición anterior, sendo o punto de saída e chegada no Adro de Vilaño, donde a asociación organizadora ofrecerá un lote de servizos para os participantes: gardería para os nenos con monitores, gardarroupa, duchas, aparcamentos, fisioterapia e avituallamento líquido e sólido con pinchos finais.
Os percorridos serán iguais ós das edicións anteriores á pandemia, estando deseñados para tódolos públicos, desde nenos de 3 anos ata veteráns, habendo premios para todos eles. A distancia da proba absoluta será de 10 Km que transcurrirán por Vilaño e parde da Laracha. De forma paralela desenvolverase a Andaina saudable e solidaria por un circuito de 3,8 Km, que pretende conseguir fondos para os máis necesitados do propio Concello. Parte da recadación será doada a Cáritas de A Laracha e a AECC.
O evento será en horario de serán, dando comezo ás 17,50 h coas categorías escolares, as 19,00 h saída da proba absoluta e finaliza coa saída da Andaina planificada para as 19,05 h. As inscripción xa se poden facer efectivas na web oficial da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com) ata o martes 12 de xullo.
Na presentación participaron o alcalde da Laracha, Jose Manuel López Varela, a concelleira de deportes Patricia Bello, e o concelleiro José Ramón Martínez. En representación da xunta directiva da Asociación Cultural Adro de Vilaño (entidade organizadora) estiveron Sergi Pena Esmoris (presidente), Tamara Rey (secretaria) e outros membros da asociación.
