A Laracha presentará este xoves o proxecto de posta en valor da carballeira de San Fins

1 minutes read

A carballeira de San Fins vai ser obxecto dunha ampla actuación dirixida a súa posta en valor como un dos espazos de máis alta riqueza natural e medioambiental do termo municipal da Laracha.

O proxecto, promovido polo Concello, foi redactado pola prestixiosa Fundación Juana de Vega e será presentado nun acto aberto a todos os públicos que se celebrará este xoves, día 23 de marzo, a partir das 20:00 horas no centro sociocultural de Cumiáns (antiga escola unitaria).

Dende o Concello convídase a asistir a todos os cidadáns que desexen coñecer as intervencións previstas e dirixidas a destacar a vexetación do ámbito e a presenza de variedade de árbores autóctonas, nalgúns casos centenarias.