A Xunta de Goberno Local celebrada no Concello da Laracha acordou concorrer á convocatoria de subvencións do Consejo Superior de Deportes dirixidas á mellora e optimización de instalacións e espazos deportivos con cargo a fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O Concello pretende renovar a iluminación das torres de luz dos campos de fútbol Municipal da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco substituíndo os proxectores actuais por outros LED.
Preténdese o triplo obxectivo de beneficiar ao medio ambiente coa redución da potencia e a correcta orientación das novas lámpadas para reducir a contaminación lumínica, diminuír o consumo enerxético cun aforro medio estimado do 30 % e aumentar a eficiencia coa implantación dun sistema dixital para a xestión da iluminación que permita o acendido por sectores.