A laracha someteu a ditame a proposta de constitución do Comité de Irmandamento con Les Sables d’Olonne

1 minutes read

Na Comisión Informativa de Asuntos Xerais do Pleno celebrada este luns someteuse a ditame a proposta de constitución do Comité de Irmandamento con Les Sables d’Olonne que será elevada ao Pleno ordinario que se celebrará este venres.

A proposta do goberno local é que o Comité estea formado polo alcalde máis dous concelleiros do grupo de goberno, un edil de cada grupo da oposición, os directores dos catro centros de ensino (IES Agra de Leborís e CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión) e os presidentes das asociacións culturais Santa María de Torás, Queiroga de Paiosaco e Arume de Caión e dos clubs U.D. Paiosaco, Laracha C.F., Club do Mar de Caión, Club Baloncesto Laracha, Club Patín Conxuro, club SAL e Amigos del Judo.

Esta iniciativa lévase a cabo despois da recente actualización do primeiro irmandamento do Concello da Laracha con Olonne sur Mer trala fusión deste con outros tres municipios baixo a denominación de Les Sables d’Olonne.