A manifestación pola lingua trasladouse aos balcóns e ás xanelas

1 minutes read

O legado de Carvahlo Calero espallouse polo país a pesar da excepcionalidade deste Día das Letras. Institucións e asociacións culturais botaron man da imaxinación e penduraron na rede unha morea de propostas.
Iniciativas coma a de Queremos Galego, que difundiu unha versión do poema «A fala», de Manuel Maria, musicado por Uxía e Sergio Tannus, un canto colectivo no que participan creadores de distintos eidos. Con todo, a platafoma cidadá, composta por seiscentas entidades tamén celebrou este 17 de maio na rúa cunha ofrenda floral diante do busto de Carvahlo Calero en Santiago. A tradicional manifestación a prol da lingua trasladouse este ano aos balcóns e ás terrazas. Baixo o lema «Xustiza, igualdade e cohesión» reclaman políticas que favorezan o uso normal do galego.