A maxia de Papá Noel e os seus elfos chegará este sábado a Carballo

1 minutes read

Carballo prepárase para vivir uns días cheos de ilusión, sorrisos e moita maxia. Tras a calorosa acollida do ano pasado, Papá Noel acudirá de novo á súa cita cos nenos e nenas da vila, e farao acompañado dos seus inseparables elfos.

Desde este sábado, 20 de decembro, e ata o día 24, instalaranse na súa acolledora casiña de madeira situada na Praza do Concello, para recibir aos máis pequenos/as da casa, escoitar os seus desexos, recoller cartas e compartir momentos inesquecibles. Un espazo pensado para soñar, imaxinar e vivir o Nadal con toda a súa maxia. E, por suposto, inmortalizar o momento facéndose fotografías ao igual que o ano pasado.

A casiña, chegada directamente de Laponia hai uns días grazas ás xestións da Concellería de Promoción Económica e Turismo, converterase nun punto de encontro para as familias, nun lugar onde a ilusión do Nadal vivirase moi de preto e onde cada visita transformarase, seguro, nun recordo especial.

Horarios de visita:

  • Do20 ao 23 de decembro: de17:30 a 20:30 h.
  • Mércores, 24 de decembro: de 11:00 a 14:00 h

Esta actividade forma parte da programación de Nadal do CCA Carballo que conta, neste caso, coa estreita colaboración da Concellería de Promoción Económica e Turismo, ademais do patrocinio da empresa Vázquez y Reino e o apoio da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e a Fundación Luis Calvo Sanz.