A aprobación das obras de mellora do trazado e da seguridade viaria na estrada provincial DP 2403 (Cerceda) entre os puntos quilométricos 4+680 e 4+925, que suporán un investimento de 166.095, 33 euros, que irán a Pleno da Deputación da Coruña o vindeiro 30 de abril.
As obras servirán para corrixir o trazado da curva actual, eliminando un perigoso «punto negro» de concentración de accidentes e para corrixir a intersección coa estrada municipal que dá acceso ao núcleo de Ubal, mediante a execución dun novo carril de espera e incorporación que mellorará a visibilidade do cruce e a seguridade do tráfico rodado.
A Deputación atende así unha das demandas efectuadas polo alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, durante a visita institucional realizada polo presidente, Valentín González Formoso, á localidade o pasado mes de febreiro. Os traballos incluirán tamén a renovación do firme con mestura bituminosa en quente.
