A Mesa da Ciencia Pesqueira nace para afrontar os retos do século XXI no sector


Esta mesa naceu en Vigo esta semana, inaugurada pola ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, e mailo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas. O obxetivo desta mesa é analizar dende unha perspectiva científica as decisións políticas en torno o sector pesqueiro.

A ciencia tamén ten que ver co recurso de España ao veto á pesca de fondo da Unión Europea porque, di o ministro “Sen os nosos científicos, os nosos xuristas non terían os argumentos para poder presentar o recurso”. Planas confía en que, a partir de decembro, cos novos datos científicos, se poida corrixir a situación para conseguir os TAC e as cotas.

As novas instalacións de almacenamento e transformación de peixe que inauguraron os palangreiros de ORPAGU, na Guarda, son parte dese futuro da pesca do século XXI.