40
A terceira semana de setembro é a data fixada polo Goberno de España e a Generalitat para iniciar a mesa de diálogo sobre Cataluña. A convocatoria anunciouna o presidente da Generalitat, Pere Aragonès, tras a súa reunión co presidente do Goberno Pedro Sánchez na Moncloa. Unha primeira toma de contacto que serviu, di, «para reafirmar a existencia dun conflito político que se debe resolver a través do diálogo». A mesa de diálogo terá lugar en Barcelona e marcará o inicio dun período de negociacións que para os cataláns pasa por buscar «unha solución global ante unha represión global que afecta tamén os exiliados». Aragonès volveu a demandar a amnistía e a autodeterminación.