A ministra María Jesús Montero visitou Vimianzo e Carballo

1 minutes read

María Jesús Montero é médica andaluza, nai de dúas mulleres. Vicepresidenta Primeira do Goberno e Ministra de Facenda. Vicesecretaria Xeral do PSOE. Este mércores departiu cos seus compañeiros e compañeiras socialistas en Carballo e Vimianzo.

En Carballo, onde se parou a comer un cocido na de Pako afirmou estar “feliz e encantada de estar aquí en Carballo, a cidade de Patricia, e ademais apoiando a candidatura de PSOE cun home á fronte como (José Ramón Gómez Besteiro) que sen dúbida ten a Galicia na cabeza”. Acompañárona a candidata Patricia Iglesias e do edil socialista laraches José Suárez, así como da voceira municipal, María Carmen Vila, entre outros. Xa en Vimianzo departiu coa ancaldesa Mónica Rodríguez, e varios alcaldes máis da zona. Na capital de Soneira declarou que «paseando por Vimianzo, percíbese a ilusión e as ganas de cambio. O domingo, a votar co corazón e coa idea de facer que Galicia non perda o tren da modernidade de España. @jrgomezbesteiro é o mellor que lle pode pasar a esta terra», concluíu.