A Mostra do Encaixe de Camariñas será aínda máis internacional

1 minutes read
  • A nova páxina web da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña estará traducida a cinco idiomas, ao galego actual incorporaranse o castelán, inglés, italiano e portugués.

A concelleira delegada da Mostra, Encarna Liñeiro, explicou que este “é un paso moi importante xa que cada ano acoden á Mostra numerosas delegacións de diferentes continentes e queremos que, ao longo do ano, poidan estar informados ao detalle de todas as accións que se van levando a cabo ao redor do encaixe”. 

Para iso o Concello de Camariñas, ademais de presentar unha solicitude formal para que sexa considerada como festa de interese turístico nacional, creou unha nova páxina web específica para a Mostra www.mostradoencaixe.es , que xa se pode ver desde hai uns meses só en galego e que se pretende traducir a outros catro idiomas, facendo así o evento máis internacional que nunca.

Liñeiro recalcou que “a estratexia que seguimos coa tradución da web é a da internacionalización do Encaixe de Camariñas nos mercados nos que realmente existe demanda de esta artesanía como son os nosos irmás de Portugal e Italia. Ademáis de que serve para seguir estreitando os vínculos con estas localidades coas que tan unidos estamos”.

A parte técnica de maquetación e informática corre a cargo da firma WP Nordés https://wpnordes.es/, con grandes profesionais detrás, como é o caso do tamén camariñá Diego Alonso Freire.