A Xunta porá en marcha a campaña #ANosaMuralla, un proxecto que sitúa aos lucenses como protagonistas e, en parte, artífices de acadar e manter a distinción concedida pola Unesco no ano 2000. Para iso, a través da canle de Youtube A Nosa Muralla habilitada para a ocasión, estanse emitindo diferentes felicitacións polos vinte anos da Muralla como Patrimonio mundial da man de destacados personaxes de distintos ámbitos da sociedade lucense.
Todas aquelas persoas que queiran participar poderán subir os seus vídeos, cunha duración máxima dun minuto, a través da plataforma gratuíta anosamuralla.wetransfer.com, dun xeito sinxelo e rápido. Ademais de felicitacións, na canle tamén se están a emitir historias e as anécdotas doutros tantos personaxes, que son os que están aportando a súa visión particular desde o punto de vista deportivo, artístico, arqueolóxico, teatral, literario ou incluso máxico.
A Xunta porá en marcha un Plan Director que establecerá as liñas de actuación en materia de conservación para os vindeiros anos e que se recolle nos orzamentos do vindeiro ano.