A natalidade en Galicia anota o peor saldo vexetativo dende que hai rexistros

1 minutes read

Galicia rexistrou un total de 6.745 nacementos e 16.634 defuncións no primeiro semestre de 2023, o que deixa un saldo vexetativo negativo de 9.889 persoas, segundo o avance de datos do Instituto Galego de Estatística publicado este venres. En concreto, os nacementos dos primeiros seis meses do ano anotan un retroceso de 2% en comparanza co mesmo período de 2022. As defuncións redúcense un 5% no mesmo período.

Por outra parte, o IGE publicou tamén os datos definitivos de 2022, nos que se constata un saldo vexetativo negativo de 20.501 persoas, a peor cifra en case medio século, desde que hai rexistros (1975). Hai máis de 30 anos que o país non conta cun saldo positivo de nacementos e defuncións. De feito, a natalidade continúa en descenso e os nacementos quedan en 14.495 en 2022, o que supón 292 menos que un ano antes. Mentres, houbo 34.996 mortes en 2022, o que significa 2.143 máis que en 2021.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?