A nova ferramenta tecnolóxica, EMI (emprego intelixente), que sincronizará oferta e demanda en tempo real, porase en marcha este maio en tres oficinas piloto (Pontevedra, Ordes e Cambados). Probaranse, deste xeito, as primeiras funcionalidades deste sistema baseado na intelixencia artificial que permitirá ás empresas publicar as súas vacantes de forma múltiple e simultánea no Servizo de Emprego e, de xeito gratuíto, noutros portais de emprego e, así, chegar a un maior número de candidatos. O novo instrumento contará cun navegador competencial, para que os orientadores podan obter información sobre as competencias asociadas ás ocupacións; un emulador de ocupacións para buscar o emprego idóneo para cada demandante de emprego; e un recomendador de formación. Para que EMI obteña cada vez máis información, é importante a colaboración do tecido produtivo e fixo un chamamento para que as diferentes entidades empresariais de Galicia se sigan adhirindo ao sistema de difusión de ofertas de traballo.
20