A nova lei de benestar animal obriga a facer un curso para ter mascota


Para ter un can como animal de compañía será obrigatorio realizar un curso que acredite que somos quen de coidar del.  En principio o curso será gratuíto e poderá realizarse a través de Internet. Tamén as propias mascotas pasarán unha avaliación. A nova lei establece que será obrigatorio contratar un seguro de responsabilidade civil. Tamén se regula o tempo que o can pode estar só na casa. Máximo 24 horas, ata tres días no caso doutras mascotas. Prohíbese ademais que vivan en sotos, terrazas ou balcóns e tamén a cría que só poderán realizar os profesionais inscritos nun rexistro.