A Oficina Agraria Móbil imparte este mes diferentes cursos sobre poda de viñedo

1 minutes read

Unha destas accións formativas desenvolveuse xa na localidade pontevedresa de Arbo esta fin de semana e están previstas outras dúas os vindeiros días 24 de xaneiro (en Salvaterra de Miño) e 29 do mesmo mes (na vila luguesa de Pantón). 

En cada un destes cursos poden participar, como máximo, 15 alumnos, que teñen que realizar a inscrición (gratuíta) previamente. O programa ten una parte teórica e outra práctica, con labores nas propias viñas.

Datos para a inscrición:

o   Curso do día 24 en Salvaterra de Miño: Correo-e: oac.seca.ponteareas@xunta.gal. Teléfono: 886 110 047

o   Curso do día 29 en Pantón: 982 88 91 15 e 982 88 91 14.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?