A Olería de Buño espertou o interese das xentes de Compostela

1 minutes read

Dende a Concellería de Turismo do Concello de Malpica, o Concelleiro delegado da Mostra da Olería de Buño, Alfredo Cañizo, deu a coñecer a demostración ó torno que se realizou este sábado en Santiago de Compostela, na súa mais céntrica Praza, na Praza do Toural, espazo concedido polo Concello de Santiago solicitado polo Sr. concelleiro para seguir como como en anos anteriores promocionando a Olería e o pobo de Buño en xeral. Ó torno estaba a oleira Marilá, que amosou todo o seu bo facer na demostración da arte que se levou a cabo. Os turistas que por alí pasaron, que foron moitos, quedaron abraiados polo traballo denvolvido por Marilá, entre eles, Antón Losada, que conversou un bo anaco con Marilá.

En breve seguirán promocionando Buño e a súa Mostra, e Marilá e o Concelleiro estarán na Coruña, para intentar que a xente da propia cidade herculina e mesmo os turistas coñezan e se pasen a visitar Buño e a súa arte. Dende a Concellería de Turismo do Concello de Malpica afirman que seguen a traballar para que a XXXIX edición da Mostra da Olería sexa un gran éxito.

Expectación ante a demostración de Marilá.