A OMS advirte de que «a pandemia está lonxe de acabar»

1 minutes read

Esta é a estimación do director xeral da Organización Mundial da Saúde Tedros Adhanom Ghenreyesus. Na inauguración do Cume Mundial da Saúde en Berlín recalcou que «A pandemia acabará cando o mundo elixa acabala xa que existen as ferramentas para iso. __Está nas nosas mans. Temos todas as ferramentas que necesitamos: ferramentas de saúde pública efectivas e ferramentas médicas efectivas», afirmou durante a inauguración do Cume Mundial da Saúde que arrinca en Berlín.
Ghebreyesus, asegurou:»Os virus móvense rápido. Pero os datos poden moverse máis rápido aínda. Coa información adecuada, os países e as comunidades poden adiantarse aos riscos emerxentes e salvar vidas. A urbanización, a deforestación, o cambio climático e as prácticas agrícolas intensivas están a aumentar os riscos de epidemias e pandemias» . O director xeral da OMS subliñou que se producen case cincuenta mil mortes á semana, de Covid 19 en todo o mundo. La Cumbre da Saúde da OMS centrarase na preparación para as pandemias, as enfermidades emerxentes, a Intelixencia artificial na atención sanitaria, os macrodatos e a investigación como temas prioritarios. A OMS insiste na necesidade de que aumenten as doazóns de doses de vacinas contra a Covid-19 aos países pobres, dond elos procesos de vacunanación atrásanse pola ausencia de sistemas públicos de saúde.