A OMS conclúe que o coronavirus é de orixe animal

1 minutes read

O coronavirus é de orixe animal, aínda que non está moi claro de cal. É a conclusión á que chegaron os expertos da Organización Mundial da Saúde tras a súa investigación dun mes en China, xunto aos seus homólogos locais para descubrir as orixes da COVID-19. «O Sars- Cov-2 pode orixinarse por unha transmisión zoonótica, pero aínda non se identificaron os hóspedes reservorios», dixo Liang Wannian, xefe chinés da misión conxunta Chinesa-OMS. Tampouco puideron verificar que o virus non estivese noutros lugares antes que en Wuhan, aínda que si confirman que houbo un brote importante no mercado desa cidade. Agora estudarán se se produciu unha transmisión directa de animal a humano, a través doutro intermedio, como un animal doméstico, ou se chegou aos humanos a través de produtos alimenticios conxelados. Moitas dúbidas aínda por resolver tras semanas de investigación cando pasou xa máis dun ano do brote en Wuhan que acabou expandíndose por todo o mundo.