37
As autoridades sanitarias chinesas aseguran que a causa é só o frío pero a Organización Mundial da Saúde pide máis información, concretamente datos precisos sobre a circulación de virus e bacterias.
Ata que obteña información precisa, os consellos da OMS son similares aos dados durante a COVID-19: usar máscaras, manterse afastado das persoas enfermas, quedarse na casa se aparecen síntomas, lavarse as mans con frecuencia e garantir unha boa ventilación.
Espérase que as temperaturas en Pequín caian baixo cero estes días, pero o hospital pediátrico maior da capital chinesa xa está desbordado.