A ONCE adica o cupón do 6 de abril á trinta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas

1 minutes read

A aula de palillo ‘Raquel Moreira’ do Museo do Encaixe de Camariñas acolleu este luns, ás 12 horas, a presentación do cupón da ONCE do próximo 6 de abril que estará adicado á 30ª edición da Mostra. Cinco millóns e medio de boletos, presentes en 20.000 puntos de venta, levarán a imaxe deste evento que arranca este luns e que durará ata o 4 de abril.

Ao acto asistiron a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua; o delegado territorial en Galicia da ONCE, Manuel Martínez Pan; o tenente de alcalde, Sergio Caamaño, a concelleira da Mostra do Encaixe, Encarna Liñeiro; e a directora da Mostra, Dolores Lema.

A rexedora agradeceu á ONCE que contarán coa imaxe de Camariñas e da Mostra do Encaixe para elaborar un cupón e animou a todos os veciños a que compren o mesmo. Pola súa parte, o delegado en Galicia da ONCE afirmou que para a súa organización ligazóns como estas eran moi importantes, xa que plasman dun xeito simbólico a unión da labor social e do patrimonio galego na súa principal tarxeta de visita, o cupón.

Cupón da ONCE, Mostra de Camariñas