A ONU advirte dos perigos do cambio climático e da subida do nivel do mar

PIXABAY

  • Os expertos fan un chamamento para actuar con rapidez e evitar entrar nun punto de non retorno

O informe especial do grupo intergobernamental de expertos sobre o cambio climático (IPCC, enmarcado pola Organización Meteorolóxica Mundial da ONU) arroxa un panorama desolador sobre o estado dos Océanos e a criosfera, as zonas xeadas do Planeta.

Os expertos alertan de que os efectos do cambio climático son imparables e que queda pouca marxe de actuación.

O informe traballa principalmente sobre dous posibles escenarios: no mellor dos casos, se a clase política e o mundo empresarial actúan de forma contundente para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, en 2050 o aumento de temperaturas respecto á era preindustrial quedará entre 1,5ºC e 2ºC. Poderían chegar a 2,4ºC no ano 2100.

No peor dos casos, en 2050 alcanzaríase un aumento de ata 2,4ºC e entre 3,2ºC e 5,4ºC para o ano 2100, con consecuencias cataclísmicas para o xeo mariño, os casquetes polares, o nivel do mar e o seu equilibrio biolóxico.

Os expertos fan un chamamento para actuar con rapidez e evitar entrar nun punto de non retorno.

Fonte: Euronews

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha