A ONU di que «os palestinos se senten abandonados e traizoados» pola comunidade internacional ante a situación «inhumana» que se vive na Franxa de Gaza, onde os bombardeos indiscriminados continúan matando civís. Israel di que continuará os seus ataques «con ou sen apoio internacional».
O director da Axencia da ONU para os Palestinos (UNRWA), Philippe Lazzarini, que acaba de visitar Gaza, describiu a situación na franxa de «infernal», tamén no sur do territorio, «onde normalmente viven 280.000 persoas e actualmente hai un millón, sen a infraestrutura e os recursos necesarios para atender a semellante poboación». Lazzarini asegurou ademais que a poboación civil palestina «está famenta e desesperada», e explicou que»nos refuxios da UNRWA as familias están en espazos diminutos, separados uns doutros por mantas; e eso é para os que teñen sorte».
Entre os incesantes bombardeos israelís sobre a Franxa, e as choivas torrenciais que caeron recentemente nalgunhas partes do enclave, a situación humanitaria continúa agravándose.
Palestina, agregou Lazzarini, «está no capítulo máis escuro da súa historia iniciada en 1948, que xa de seu fora moi dolorosa, e que tivo máis de 75 anos de desprazamentos, de non atopar solucións xustas e duradeiras para os refuxiados».