O primeiro convoi militar de soldados estadounidenses chegou a Romanía para reforzar a presenza da OTAN no Mar Negro. A pesar de todo, o ministro de Defensa romanés e o secretario xeral da OTAN, Jen Stoltenberg, manteñen a vía diplomática como primeira opción. As tropas que chegaron a Romanía proceden dunha base estadounidense en Alemaña, país cuxo chanceler tamén insistiu ante o Bundestag en apostar pola vía diplomática para resolver a peor crise entre Rusia e Occidente desde a Guerra Fría. Joe Biden, acaba de pedir aos cidadáns estadounidenses que abandonen Ucraína. A partir de agora, as novas tropas estadounidenses, denominadas Task Force Cougar, adestraranse co Exército romanés. O obxectivo dos exercicios militares é aumentar o respecto mutuo e a confianza entre ambos.
32