A entidade continúa traballando polo benestar da comunidade carballesa, e a apertura deste novo espazo permitirá consolidar a súa presenza no municipio e optimizar o traballo diario dos seus voluntarios e colaboradores.
Representantes da xunta directiva da entidade Un Paso Máis desprazáronse este sábado ata a parroquia de Carballo para formalizar a entrega de chaves do que será, a partir de agora, o seu novo punto de encontro.
Grazas á xenerosidade da comunidade parroquial, a asociación disporá dun local estable para realizar as súas reunións e desenvolver parte das súas actividades fundamentais. No acto de entrega estiveron presentes, ademais dos membros da directiva de Un Paso Máis, o párroco José García Gondar e Fina Rey Baldomir, quen exerceron de anfitrións nesta nova etapa de colaboración.
Dende Un Paso Máis quixeron expresar o seu máis profundo agradecemento por este xesto. Ata o de agora, a falta dun espazo fixo supoñía un importante atranco para a organización interna da entidade.
«Esta colaboración soluciona moitos dos problemas loxísticos que vindeiramos arrastrando. Ter un lugar estable é vital para poder medrar e dar un servizo de calidade aos nosos usuarios», sinalaron desde a directiva.