O 31 de outubro volve a Feira das Fabas a Ponteceso

1 minutes read

A Feira das Fabas de Ponteceso é unha das citas gastronómicas máis tradicionais e emblemáticas da Costa da Morte, celebrada cada ano o último sábado de outubro. Hai tradicións que se saborean… e en Ponteceso saben a fabas. Poe elo, o 31 de outubro volve a XXXIV Feira das Fabas. Unha cita coa tradición, coa boa mesa e co pracer de xuntarse arredor dela. Xa podes retirar a túa entrada por 5 euros na Tesourería do Concello de Ponteceso. Garda a data, avisa á familia e aos amigos e vai compartir un día con sabor a Ponteceso. Porque as boas tradicións, coma as fabas, saben mellor en compañía. A feira converterá o centro da vila nun espazo de encontro entre produtores locais, artesáns e veciñanza, onde se poderán degustar diferentes pratos elaborados con fabas, ademais de produtos típicos da comarca. Organizada polo Concello de Ponteceso co apoio da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, a cita promete un día cheo de sabor, tradición e boa compaña.