O vindeiro domingo día 18 de outubro a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá en Carballo a 1ª xornada da Liga Galega de Natación Máster. A competición contará coa presenza de 8 clubs e 79 nadadore-as, dos que 53 son homes e as 26 restantes mulleres.
A xornada desenvolverase nun primeiro turno de quecemento de 9:00 a 9:50 horas e un segundo turno de competición entre as 10:00 e as 13:00 horas, espazo de tempo no que se nadarán as probas dos 50 metros bolboreta, costas e braza masculinos e femininas e os 400 metros libres mixtos.
Para esta primeira xornada A.D Fogar de Carballo aliñará un equipo composto por 14 nadadoras-es, das cales 2 pertencen á categoría feminina e os 12 restantes á masculina. Desta volta medirán forzas c@s 22 representantes do Santiago, @s 12 do CN.Pons Vetus, @s 10 do Estrada, @s 6 do Arteixo, @s 6 do Boiro, @s 5 do Ordes e @s 4 do Riveira.
Compre salientar que a pasada tempada @s do Fogar foron 12º dos 34 equipos que tomaron parte nesta liga galega de veteran@s.
