Trasladada unha muller por inhalación de fume tras un lume na súa cociña en Carballo

1 minutes read

Unha muller tivo que ser atendida e trasladada logo de inhalar fume cando trataba de apagar un incendio na súa cociña, nunha vivenda da rúa da Gran Vía de Carballo.

O 112 Galicia tivo constancia do acontecido minutos antes das 14 horas deste mércores, a través da Garda Civil. O lume prendera nunha tixola e propagárase á campá extractora, pero xa estaba apagado. Non obstante, era necesaria a intervención dos bombeiros para revisar a vivenda, que quedou afectada, e dos servizos sanitarios para atender a unha muller que inhalara fume.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Bergantiños e dos axentes da Policía Local e de Protección Civil de Carballo.