Obdulia Taboadela encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña ás eleccións xerais do 29N

5 minutes read

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña aprobou este mércores as candidaturas ao Congreso dos Deputados e ao Senado coas que os socialistas da provincia concorrerán ás eleccións xerais do próximo 29 de novembro.

A actual subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, Obdulia Taboadela Álvarez, encabezará a candidatura ao Congreso dos Deputados. Acompañarana Julián Reina Villalón, concelleiro en Ferrol; Ana Alvite García, secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia; Jorge Romero Pérez, concelleiro en Porto do Son; Belinda Insua Fuentes, de Camariñas; Jesús Fernández Díez, concelleiro en Oleiros; Tamara García Muñiz, de Rianxo; e Andrés Teijo Hermida, concelleiro en Betanzos.

No Senado, os candidatos serán Gumersindo Guinarte Cabada, concelleiro en Santiago de Compostela; Cristina Pardo Portos, concelleira en Culleredo; e Alejandro Antonio García Sousa, de Valdoviño.

O secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, Bernardo Fernández, destacou que a candidatura aprobada polo Comité Provincial combina tres elementos principais: os apoios que os candidatos e candidatas recibiron por parte da militancia socialista nas asembleas locais da provincia, unha ampla renovación das listas e unha representación equilibrada das distintas comarcas.

Fernández salientou especialmente “a importante renovación xeracional” das listas, intregradas por persoas cunha idade media inferior aos 45 anos, “pero cunha característica común en boa parte dos candidatos e candidatas: a ampla experiencia acumulada durante anos na política municipal”.

“É un sopro de aire fresco e unha aposta clara por conectar coa xente moza, pero tamén unha candidatura renovada, formada por persoas que coñecen moi ben a realidade do territorio e dos concellos porque moitas delas levan anos traballando a pé de rúa, desde a base, desde a política municipal”, afirmou Bernardo Fernández.

Resplado da militancia e representación territorial

O secretario provincial destacou tamén que a proposta parte das realizadas pola militancia socialista nas asembleas celebradas nas agrupacións locais da provincia e tendo tamén en conta criterios de representación territorial.

As comarcas da Coruña, Ferrolterra, Santiago, Bergantiños-Costa da Morte, Barbanza e As Mariñas están representadas nas candidaturas ao Congreso e ao Senado.

O PSdeG provincial considera que esta distribución permite conformar unha candidatura conectada coa realidade do territorio.

A proposta aprobada esta tarde polo Comité Provincial, máximo órgano entre congresos no que están representadas todas as agrupacións da provincia, deberá ser agora ratificada mañá pola Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE e pola Comisión Federal de Listas o venres. A aprobación definitiva corresponderá ao Comité Federal do PSOE, que se celebrará este sábado.

Candidatura ao Congreso dos Deputados

1. Obdulia Taboadela Álvarez (A Coruña)

2. Julián Reina Villalón (Ferrol)

3. Ana Alvite García (secretaria xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia)

4. Jorge Romero Pérez (Porto do Son)

5. Belinda Insua Fuentes (Camariñas)

6. Jesús Fernández Díez (Oleiros)

7. Tamara García Muñiz (Rianxo)

8. Andrés Teijo Hermida (Betanzos)

Suplentes

1. Inés Ramos López (A Laracha)

2. Jorge Domínguez Castro (Corcubión)

3. Guadalupe Rodríguez Silva (Santiago)

4. José Manuel Pérez Abelenda (Coristanco)

5. Mercedes Prieto Lamas (Cambre)

6. Antón Manuel Cillero López (XSG)

7. Laura Sánchez Couceiro (Oza-Cesuras)

8. Jesús Manuel Iglesias Vilariño (Frades)

9. Sandra Maneiro Pais (Noia)

10. Diego García Legarra (Pontedeume)

Candidatura ao Senado

1. Gumersindo Guinarte Cabada (Santiago)

Suplente 1: Montserrat García Chavarría (As Pontes)

Suplente 2: Antonio Agustín Regueiro Rodríguez (Carral)

2. Cristina Pardo Portos (Culleredo)

Suplente 1: Manuel Santiago Pérez (Ferrol)

Suplente 2: Silvia Belén Fraga Santos (Cerceda)

3. Alejandro Antonio García Sousa (Valdoviño)

Suplente 1: Gema Fernández Cuiña (A Coruña)

Suplente 2: Carlos Pernas Fraguela (Cariño)

O PSdeG-PSOE provincial afronta así as eleccións xerais do 29 de novembro cunhas candidaturas que combinan renovación xeracional, experiencia municipal, participación da militancia e equilibrio territorial.

PERFIL DE OBDULIA TABOADELA

Obdulia Taboadela Álvarez (Madrid, 1964) é doutora en Socioloxía e profesora titular da Universidade da Coruña (UDC), especializada en mercado de traballo, migracións internacionais e estudos de xénero. Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, conta tamén con formación de posgrao en Responsabilidade Social e Innovación Social e en Liderado para a Xestión Pública. Ao longo da súa carreira académica desempeñou diferentes responsabilidades de xestión universitaria, entre elas a de vicedecana da Facultade de Socioloxía da UDC.

Conta cunha ampla traxectoria política e institucional. Foi subdelegada do Goberno na Coruña entre 2004 e 2007, concelleira no Concello da Coruña, senadora na XIII Lexislatura e conselleira de Educación na Embaixada de España en Polonia. Desde 2023 exerceu como deputada no Congreso pola provincia da Coruña, onde foi portavoz socialista na Comisión de Ciencia, Innovación e Universidades, ademais de participar noutras comisións parlamentarias. En setembro de 2026 asumiu novamente a responsabilidade de subdelegada do Goberno na Coruña.

PERFIL DE SINDO GUINARTE

Gumersindo Guinarte Cabada naceu en Forcarei (Pontevedra) e trasladouse de neno a Santiago de Compostela. É doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e profesor titular de Dereito Penal na Facultade de Dereito, da que foi decano. Conta cunha ampla traxectoria académica e investigadora, especialmente nos ámbitos do dereito penal e da criminoloxía. Ao longo da súa carreira universitaria exerceu distintas responsabilidades de xestión, entre elas a dirección do Instituto de Criminoloxía e a Secretaría Xeral da USC, cargo que ocupou entre 1994 e 2002.

No ámbito político e institucional, foi vicevaledor do Pobo e secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia durante o Goberno de Emilio Pérez Touriño, entre 2005 e 2009. É concelleiro socialista no Concello de Santiago de Compostela, onde exerceu como segundo tenente de alcalde e responsable das áreas de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo durante o mandato de Xosé Sánchez Bugallo (2019-2023). Desde xaneiro de 2025 é portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago de Compostela.