Tras o remate das obras realizadas polo Concello, o espazo está xa dispoñible para o seu uso. O alcalde, José Manuel Mato, incide en que con estas actuacións resólvese «unha demanda histórica». Así, tal e como lembra o rexedor, «prometéraselles aos veciños e veciñas a disposición deste lugar de estacionamento, pero ningún goberno o chegou a facelo realidade».
O espazo está situado nunha parcela municipal próxima á igrexa e ten capacidade para uns 90 coches. O primeiro edil explica que se trata dunha infraestrutura «esencial, demandada e que dará moito servizo a toda a parroquia».
Antes da execución destas intervencións, o terreo non estaba urbanizado, polo que os traballos do Concello supuxeron o aplanado e recheo do mesmo e a pavimentación do firme con zahorra.