38
- A Bienal, está organizada polo Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana para poñer en valor as obras arquitectónicas máis relevantes realizadas entre os anos 2018 e 2020.
Trátase dunha pasarela que salva o desnivel entre o Monte do Gozo e o barrio compostelán de San Lázaro, deseñada polos arquitectos coruñeses Juan Creus e Covadonga Carrasco, foi construída pola empresa carballesa Vázquez y Reino. Esta obra non só estivo entre as 70 finalistas da XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, senón que foi unha das trinta merecedoras dunha mención especial por parte do xurado. Construída como U de formigón e pedra nos seus extremos, apóiase e separa do terreo con vans de 25 metros, acompañada por unha fenda que aloxa a iluminación e cortes de dilatación que serven de sumidoiro e drenaxe.