A pausa do almorzo considérase tempo efectivo de traballo

1 minutes read

O Tribunal Supremo ditou unha sentenza na que establece que o tempo do almorzo, así como os 15 minutos de cortesía desde que empeza a xornada ata que o traballador ficha a súa chegada, deben ser considerados tempo efectivo de traballo se así se pactou entre empresa e traballadores ou se o recolle o convenio. Os xuíces estiman os recursos dos sindicatos contra a decisión de Caixabank de considerar que o rexistro de xornada debe ser o “fiel reflexo da realidade” e que os minutos posteriores á hora de entrada non podían ser considerados como efectivamente traballados. A Guía da empresa, di o Supremo, non pode minorar os dereitos que xa viñan recoñecidos de antes.