A peña de fútbol Canteras El Pozo de Soandres celebra o seu 40 aniversario

1 minutes read

A Peña de fútbol Canteras El Pozo de Soandres foi fundada en 1980, o vindeiro sábado 17 de setembro realizarán os actos centrais dos festexos para conmemorar o seu 40 aniversario, algo tan importante que iba a festexarse no 2020 pero tivo que aplazarse por mor da pandemia.

Nesa data disputarán o “Trofeo 40 aniversario da Peña Canteras El Pozo”, que consistirá nun encontro a partir das 18:00 horas no campo de fútbol municipal da Laracha ante os veteráns do Bairro. Con esta peña histórica da localidade portuguesa de Óbidos úneos unha gran amizade e o ano pasado xa disputaron un encontro amigable no país veciño no marco do programa de actos do seu 75 aniversario.

Despois terán unha cea de irmandade coas persoas empresas e institucións que colaboran. Agradecen especialmente a colaboración do Concello da Laracha e de Canteras EL Pozo SL.