A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Lalín

1 minutes read

A Policía Autonómica vén de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado 19 de agosto, no concello de Lalín que afectou 1,6 hectáreas de superficie arborada.

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da xefatura da Policía Autonómica en Santiago de Compostela tomaron declaración a unha persoa que estaba facendo tarefas de sega de herba cun tractor con rotativa, como presunta autora do lume producido na parroquia de Pardesoa. A fricción do apeiro coas pedras do terreo propiciou chispas que prenderon na vexetación.

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 39 persoas como presuntas autoras de incendios forestais. Neste caso remitiu o atestado sobre os feitos ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Lalín.