- Leváronse a cabo 124 dispositivos en varios concellos galegos do 23 ao 27 de decembro
Axentes da Policía Autonómica tramitaron 35 denuncias, entre o 23 e o 27 de decembro, dentro do plan de actuacións específicas para a prevención e o control do cumprimento das normas para frear a expansión da Covid-19. As forzas de seguridade realizaron un total de 128 inspeccións en 22 concellos galegos.
Os axentes tamén levaron a cabo na provincia de A Coruña 38 dispositivos que tiveron como resultado 15 denuncias (13 en Santiago e 2 en Narón).
Na provincia de Lugo, realizáronse 32 dispositivos que remataron con dúas denuncias, unha en Alfoz e outra en Lugo. Na provincia de Ourense non houbo sancións e, na provincia de Pontevedra, tramitáronse un total de 18 anuncias das cales 3 foron en Pontevedra, 14 en Redondela e 1 en Vigo.