- A idade dos menores está comprendida entre os 2 e os 13 anos
- En moitos casos, a figura dun familiar adulto está detrás das grabacións
A Policía nacional identificou a máis dun centenar de nenos de entre 2 e 13 anos que subían vídeos ás súas redes sociais para conseguir máis likes, máis aceptación e fans no mundo virtual. Normalmente gravábanse na súa habitación mentres estaban sós ou con amigos, en posicións eróticas ou masturbándose.
Nun macrooperativo contra a difusión online de material sexual infantil autoreproducido, a Policía alerta desta moda, que o único que fai é situar ao menor como carne de canón para os pedófilos.
A maioría dos pais descoñecen estes feitos, pero no caso dos máis pequenos está detrás a participación dalgún adulto da contorna familiar, segundo aclarou a inspectora Cecilia Carrión.
Os policías manifestaron que na súa maioría, os nenos non tiñan conciencia do que estaban facendo, que únicamente buscaban novos seguidores en plataformas virtuais como Instagram, Youtube ou Periscope. Con todo, detectáronse casos, no marco da investigación, nos que varios adultos contactaran con eles solicitándolles estes vídeos a cambio de diferentes contraprestacións.
Esta macro operación puido realizarse grazas a unha alerta recibida desde o Centro Nacional para Menores Desaparecidos e Explotados (NCMEC) dos Estados Unidos, unha entidade coa que colabora España e que avisou dun aumento da distribución destes materiais en redes sociais desde principios de 2018.