28
Os feitos producíronse o pasado domingo, cando a patrulla do corpo de seguridade municipal observou como un vehículo realizaba unha condución anómala no casco urbano da Laracha á altura da rúa Maruja Mallo. Os axentes procederon a darlle o alto e a realizar a proba de alcoholemia, que arroxou o resultado de 1,04 miligramos por litro de aire expirado cando o máximo permitido é de 0,25.
Por outra banda, a semana pasada a Policía Local tamén detectou o primeiro positivo por consumo de substancias estupefacientes. A proba, que se realizou nun control rutineiro, deu como resultado positivo por cocaína, polo que se tramitou a correspondente denuncia administrativa contra o condutor.