- Na madrugada deste sábado tamén se inmobilizou outro turismo na rúa do Sol polas mesmas circunstancias.
Tal e como informou á prensa a Policía Local de Carballo, a muller, de mediana idade e nacionalidade estranxeira, circulaba polo centro urbano carballés cando foi interceptada nun control rutineiro de alcol e drogas na avenida de Malpica, Os axentes intervenientes practicáronlle as correspondentes probas de alcoholemia dúas veces nas que lanzaba 0,67 miligramos por litro de aire expirado, sendo o máximo permitido de 0,25.
Neste caso, a superación por encima dos niveis permitidos de 0,6 é causa xustificada para abrirlle dilixencias penais por un delito contra a seguridade viaria, polo que deberá presentarse ante a autoridade xudicial cando sexa citada, o vehículo non lle foi inmobilizado porque outra persoa en condicións de conducir fíxose cargo.
Na madrugada deste sábado outra persoa corría a mesma sorte, neste caso na rotonda da rúa do Sol, onde a un home tamén se lle abriron dilixencias por conducir ebrio e ademais inmobilizóuselle o turismo. As autoridades fan un chamamento á prudencia, máis se cabe nestas datas de festas e reunións familiares, onde se advirte da incompatibilidade do consumo de alcol ou drogas se se ten que conducir, polo ben propio e dos demais.