16 policías locais do Concello de Vigo están a formarse no manexo de drons para incorporar esta tecnoloxía á vixilancia e control das rúas da cidade olívica. A formación que están a recibir estes profesionais forma parte dun paquete que a empresa Aerocamaras ofrece a institucións, con certificado expedido pola AESA, e está especialmente deseñado para formar a Corpos e Forzas do Estado no manexo de aeronaves non tripuladas. O Concello de Vigo adquiriu dous exemplares de aeronaves de última tecnoloxía que incorporarán nunha ampla variedade de situacións e tarefas. Os vehículos están equipados con cámaras térmicas, unha baliza para ser visibles ata cinco quilómetros de distancia, luces e altofalantes que permitirán aos axentes enviar ordes en caso de ser necesario.
35