A Policía Nacional abate dun disparo un home na Coruña

1 minutes read

O suceso produciuse sobre as dez da mañá deste luns no polígono da Grela, e ata o lugar desprazouse a comisión xudicial para o levantamento do cadáver, informaron fontes próximas ao caso. Segundo as primeiras informacións, foi requirida a intervención policial porque un home con actitudes violencias provocara varios altercados, polo que se desprazaron ao lugar efectivos da Policía Nacional, que foron os que desenvolveron a actuación. Tamén acudiron ao lugar dos feitos efectivos da Policía Local. 

Algunhas testemuñas aseguraron que o home provocara un incidente previo cunha gran barra de ferro na Avenida de Arteixo golpeando os portelos dalgúns coches, coa intención de roubar no interior. Ao parecer os disparos coa pistola TASER non lle fixeron efecto pola cantidade de roupa que levaba posta e opúxose con gran violencia aos axentes, chegando a derrubar a un deles, que para defenderse do que ía ser un golpe cunha barra de ferro na cabeza, abateuno.

Nunha publicación na rede social X, o Sindicato Unificado de Policía (SUP) anunciaba que «un delincuente tentou asasinar un Policía Nacional, polo que foi abatido». Segundo fontes da investigación, a vítima é de orixe cubana e tiña 35 anos.