A Policía Nacional recomenda desconfiar dos “choios” en alugueres de vivendas vacacionais

Policía Nacional
  • Na última operación policial desmantelaron unha rede de estafadores que tería obtido máis de 250.000 euros a través da publicación de falsos anuncios

Axentes da Policía Nacional desarticularon unha rede de estafadores que operaba en toda España e que supostamente terían obtido uns 250.000€ valéndose de anuncios falsos de alugueres vacacionais. Foron detidas cinco persoas en Alacante por delitos de integración en grupo criminal, estafa e usurpación de estado civil.

Captaban ás súas vítimas mediante anuncios en webs de alugueres inmobiliarios que resultaban ser falsos. Obtiñan os seus beneficios da cobranza de cantidades en concepto de reserva, así como de dar de alta tarxetas bancarias prepago facendo uso da documentación que tamén solicitaban para suplantar as identidades dos prexudicados.

As investigacións iniciáronse grazas á constatación da existencia de diversas denuncias recibidas en comisarías de Policía Nacional de toda España que, a pesar da dispersión xeográfica, presentaban indicios de estar relacionadas cun mesmo orixe delituosa.

A Policía Nacional recomenda desconfiar daqueles anuncios demasiado atractivos e con prezos moi inferiores aos habituais; e que presentan unha redacción e descricións deficientes, xa que adoitan estar realizadas con présa.

Tamén aconsellan ter coidado nos pagos por adiantado, comprobando a autenticidade do pago en hoteis; así como observar a complicación das transaccións.