O bo tempo desta última semana permitiu retirar toneladas de terra procedentes das enchentes do río dos últimos anos o fixo que se descubrira a praia fluvial. Estes traballos súmanse aos máis de 100.000 euros que o Concello de Zas investiu nos últimos anos e que sitúan a Brandomil como un dos puntos arqueolóxicos de maior interese de toda a comunidade galega. A limpeza e rexeneración da zona da Ponte de Brandomil estáse a realizar en coordinación coa Fundación Brandomil; que foi a entidade encargada de solicitar os permisos necesarios en Aguas de Galicia para a execución dos mesmos. Ata alí achegáronse estes días o Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e o Tenente de Alcalde, José Manuel Brenlla.
Calzada romana
Por outra parte, o Concello de Zas vén de recibir, tras varios meses de xestións, a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio para a consolidación do tramo da Calzada romana que unía na Idade Media as localidades de Negreira e Muxía e que foi descuberta en setembro de 2023. Con estes permisos, o Concello de Zas xa pode realizar os traballos de consolidación desta Calzada romana que consisten no acondicionamento da vía facendo a mínima intervención co fin de deixala ao descuberto garantindo a súa protección e conservación.