A princesa Leonor entregou por vez primeira en Xirona os premios da Fundación da que é presidenta de honor,A princesa estivo acompañada polos seus pais, os reis, e a súa irmá, a infanta. A princesa de Asturias, que empregou o catalán, o español e o inglés no seu discurso, referiuse á formación militar que está a piques de empezar. Asegurou que ten «moitas ganas» de emprender esa nova etapa tras rematar o bacharelato. O rei Filipe VI pediu dar «estabilidade e garantía de futuro» á mocidade e que todos os sectores da sociedade «sen excepción» sexan conscientes de que é un obxectivo común que require «unha vontade compartida que una esforzos».