Será para iniciar a súa formación militar e seguir así os pasos do seu pai, o rei Felipe VI, segundo dita unha disposición do Ministerio de Defensa publicada este martes no Boletín Oficial do Estado (BOE). A Ministra de Defensa, Margarita Robles, informou en marzo do Real Decreto aprobado en Consello de Ministros para regular a formación e carreira militar da Princesa de Asturias, que o próximo 31 de outubro cumpre 18 anos. Agora, a orde da Subsecretaría de Defensa regula o proceso de selección para o ingreso nos centros docentes militar de formación e establece que os elixidos terán que presentarse o día 17 de agosto, antes de as 10.00 horas, na escola elixida. A princesa será alumna un ano do primeiro curso ata a xura de bandeira, para seguir logo co segundo curso.
27