A prisión o condutor do camión que causou o accidente con seis mortos en Sevilla

1 minutes read

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número un de Utrera, en funcións de garda, ordenou este martes, a petición da Fiscalía, o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do condutor do camión detido tras atropelar mortalmente na madrugada deste martes a seis persoas, entre eles dous axentes da Garda Civil, nun control desenvolvido polo Instituto Armado na AP-4, no termo municipal de Los Palacios y Villafranca, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSXA). Inicialmente, atribúenselle seis presuntos delitos de homicidio por imprudencia e tres delitos de lesións graves por imprudencia. Durante a súa comparecencia xudicial, o detido declarou que non viu o operativo, e que cando os axentes lle deron o alto perdeu o control do camión e invadiu a beiravía onde estaban os coches parados. Desde a Delegación do Goberno aseguran que o control era visible e estaba sinalizado. Segundo informaron fontes da investigación, este camioneiro, que deu resultado negativo nas probas de alcol e drogas, conta 59 anos de idade e carece de antecedentes.