Camariñas acolleu a proba BTT da Copa Galicia de Resistencia


Este domingo, 5 de febreiro, Camariñas foi a sede dunha das probas da Copa Galicia de Resistencia, un novo certame coordinado pola Federación de Ciclismo Galego (FCG). A ‘3H BTT Circuíto da Caramiña’, organizada pola Peña Ciclista Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas.

A competición comezou ás 10 horas nun circuíto circular, de 6 quilómetros de percorrido, con saída e chegada na zona do Ariño e que deixou fermosas estampas como a do paso pola praia do Ariño ou no alto do Monte da Insua.

Participaron 217 bikers, que competiron en modalidade individual, por parellas ou equipos, tanto masculino, feminino ou mixto, nas seguintes categorías: Sub23 Fem., Sub23, Master 60 Fem., Master 60, Master 50 Fem., Master 50, Master 40 Fem., Master 40, Master 30 Fem., Master 30, Junior Fem., Junior, Élite Fem., Élite, Cadete Fem., Cadete.

Destacamos a actuación dos camariñáns: Brais Rodríguez, 4º posto na categoría Élite. Carlos Valiña, 6º na categoría Máster 40, e Uxío Canosa, 3º na categoría Máster 40.