A proba ciclista ‘O Gran Camiño’ percorrerá Ponteceso o 25 de febreiro

2 minutes read
  • A localidade entra na segunda etapa desta carreira enmarcada en ‘A Volta a Galicia’

A segunda etapa da proba ciclista ‘O Gran Camiño‘, de categoría profesional internacional, discurrirá o próximo venres 25 polo municipio de Ponteceso.

Este evento forma parte de ‘A Volta a Galicia’, unha carreira por etapas que se disputou polo territorio galego dende 1933 ata o 2000, aínda que con varias interrupcións, quedando relegada a categoría amateur a partir do 2002. Unha proba que sempre atraía a grandes estrelas que contaban coa simpatía dos mellores equipos do mundo, e que cadraban os seus calendarios para dar o mellor dos espectáculos na ronda galega.

Desde a organización destacan que ‘O Gran Camiño’ busca revitalizar esta carreira, coa imaxe e a posta en escena actualizadas e acorde aos tempos que corren, para retomala do xeito máis vangardista posible.

Segundo a información facilitada polo Concello de Ponteceso, esta é a ruta:

  • Pazos, AC-419, dirección Ponteceso. Entre as 12:43 e as 13:00 horas.
  • Cruzamento coa DP-1405, dirección Ponteceso por AC-419: entre as 12:44 e as 13:02 horas.
  • A Bugalleira, dirección Ponteceso por AC-419: entre as 12:46 e as 13:04 horas.
  • Ponteceso pola Avenida Bergantiños e Eduardo Pondal: entre as 12:52 e as 13:12 horas.
  • Cruzamento á esquerda pola ponte, dirección Laxe por AC-429: entre as 12:54 e as 13:13 horas.

Consulta aquí a ruta nun mapa.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?