A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou este venres que a prolongación da Vía Ártabra estará o vindeiro ano á disposición dos veciños, dos traballadores e das empresas que cos case 4 km de prolongación, aos que se suma 1,1 km máis de conexión co Polígono do Espírito Santo, mellorarán a conexión dos municipios de Sada, Cambre e Oleiros co eixe Atlántico e coa cidade da Coruña. Trátase da continuación da Vía Ártabra desde a N-VI, primeiro ata a estrada AC-221, e sobre todo, ata a súa conexión coa AP-9. Esta intervención permitirá darlle plena funcionalidade aos 10 km de Vía Ártabra que percorren preto de 5.000 vehículos ao día. É unha infraestrutura complexa que ten un dos puntos máis importantes na conexión coa N-VI, precisando dun enlace con 3 niveis con ramais de saída e entrada, onde xa avanzaron os traballos, que se atopan actualmente nas marxes da estrada nacional.
40