Este luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, o presidente da Real Federación Española de Balonmán, Francisco Blázquez, entregou a Luciano Calvo Pumpido, presidente das Escolas Deportivas Xiria, a medalla e insignia de prata ao Mérito Deportivo, na categoría de directivos, que lle foi concedida por parte da Real Federación Española de Balonmán no ano 2014.
Nese momento Calvo Pumpido non puido acudir á Gala Dos Premios Nacionais 2014 para recibir o galardón, e o presidente da Federación Española comprometeuse a facer entrega da mesma en persoa en Galicia e este domingo deu cumprimento a esa palabra dada. Ao acto tamén acudiu o presidente da Federación Galega, Bruno López, así como adestradores e capitanes do Escolas Deportivas Xiria, en agradecemento aos 38 anos de apoio desta empresa ao club carballés.
