35
A Raíña Leticia estivo en Santiago para presidir a apertura do curso en Formación Profesional, que este ano se celebrou no Centro Politécnico da capital galega. Dona Letizia estivo acompañada polo presidente da Xunta, pola Ministra de Educación, Isabel Celáa e polo delegado do goberno en Galicia, Javier Losada, entre outras autoridades. A Raíña percorreu as instalacións do instituto, situado na avenida Rosalía de Castro da capital galega, interesouse pola oferta educativa do Politécnico e polas perspectivas de futuro laboral dos seus alumnos. Para a comunidade escolar deste centro, protagonizar a apertura do curso foi todo un acontecemento.